Xuício á fonética forense con @mcatanzaro e Jordi Cicres

Inocentes condenados por unha mala peritaxe de voz, técnicas forenses desfasadas, peritos sen formación,… o proxecto de investigación xornalística Hearing Voices expón as eivas da fonética forense ao longo do continente. Conversamos co xornalista freelance Michele Catanzaro e con Jordi Cicres, director do ForensicLab da Universidade Pompeu Fabra sobre que as posibilidades e limitacións desta disciplina.