Cando estamos fóra de control vemos o que non hai. As tribos das Illas Trobriand que pescan en mar aberto, onde son frecuentes as tormentas e as correntes inesperadas, teñen moitísimos mais rituais asociados á pesca que as tribos veciñas que faenan en augas pouco profundas. Os alumnos de primeiro ano dos másters de negocios son mais susceptibles que os de segundo curso de percibir supostas conspiracións. En situacións nas que estamos desbordados o noso cerebro ve pautas, correlacións ou mesmo conspiracións da nada.

Un artigo de Science da conta está semana dun traballo experimental no que se inducían situacións de estres a un grupo de voluntarios. Nestas circunstancias controladas de laboratorio os individuos vían figuras recoñecibles en imaxes de puntos aleatorios (coma a “neve”das televisións sen sintonizar), ou pautas económicas en gráficos de datos xerados ao azar. Mediuse o que xa se supuña, o noso cerebro quere ter o control tamén cando estamos ao límite, aínda que para darnos ese conforto teña que falsificar a realidade.

O Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo presentou o seu novo dicionario CLUVI inglés-galego. Un dicionario de envergadura que se levaba tempo agardando, e que presta especial atención á terminoloxía científica e informática.

Aínda que externamente non se aprecien as diferencias, os cerebros de varóns e mulleres son – sutilmente – diferentes por acción da testosterona. Conversamos co profesor de investigación do CSIC Luis Miguel García Segura do Instituto Ramón y Cajal sobre sexo, cerebro e hormonas.

Ernesto Estrada é o novo director e catedrático do Instituto de Sistemas Complexos da Universidade de Stratnclyde en Glasgow. Paradoxalmente non puido continuar a súa carreira de investigador na USC porque o Ministerio de Ciencia y Innovación considerou demasiado disperso o seu impresionante currículo.
En Innovando coñecemos a última revolución no mundo editorial, os bidibooks de Netbiblo.