As novas da semana teñen como protagonistas os vermes. Por un lado as lombrigas inglesas, e por outro ás rítmicas deposicións do C elegans.
[youtube wnyti0rOabU nolink]
O Caenorhabditis elegans caga a ritmos regulares de 45 segundos.
Por outro lado o programa Initia promovido pola Sección Ibérica da Sociedade Científica Sigma Xi ven de conseguir unha mención de honra na modalidade de Ciencia e Tecnoloxía no concurso internacional Ciencia en Acción.
Paisaxes que agora nos parecen naturais en realidade foron producidos pola acción do home. A investigación sobre como era a terra no pasado pode facer que gañemos perspectiva á hora de prepararnos para o futuro.
Co catedrático de edafoloxía da USC Antonio Martínez Cortizas conversamos sobre a pegada dos noso antecesores no ambiente, a influencia dos cambios climáticos nas civilizacións, a como ler o clima nas turbeiras… en definitiva, sobre a historia ecolóxica dos últimos 10.000 anos.
Innovamos con Drogas Vigo, facemos un concurso e buscamos investigadores en ciencias da terra arrichados que queiran participar nun café científico.