Chamounos a atención un artigo publicado recentemente en Science no que se anunciaba a morte de 5000 gorilas en África Central. En apenas 2 anos o 95% dos gorilas da reserva Lossi no Congo faleceron por causo do Ébola. Carles Vilá, profesor da Universidade de Upsala, falounos dende Suecia desta investigación da que é corresponsable.

A política de investigación na UE réxese por grandes plans plurianuais chamados programas marco. O 1 de xaneiro de 2007 entrou en vigor o VII Programa Marco que abranguerá o periodo 2007-2013. O Director Xeral de Investigación da UE, José Manuel Silva Rodríguez, explicounos as grandes liñas – cooperación, ideas, persoas e capacidades – deste plan de excelencia que conta cun orzamento de 50.000 millóns de euros.

Silva
José Manuel Silva.

Na axenda presentamos a exposición “Desenvolvemento sostible: buscando solucións” que se exhibe en Lugono pazo da Deputación Provincial. Tamén posible facer unha visita virtual dende a páxina web da Cátedra Unesco de Desenvolvemento sostible e educación ambiental da Universidade do País Vasco.