Durante os últimos 25 anos nos que investiguei sobre as partículas mais pequenas que constitúen a materia empecei a ver a natureza como un grande test de intelixencia para toda a humanidade.
Gerard´t Hooft
A gran pregunta deste test de intelixencia á humanidade é chegar a saber “o que son as cousas”, coñecer as cousas ata intimidade mais pequena da materia. E para esta colosal epopea contamos cun cerebro colectivo froito da interacción das ideas e esforzos das 10.009 persoas que na actualidade traballan no CERN, o Laboratorio Europeo, pero en realidade mundial, de Física de Partículas.
Xusto hai 3 anos botou a andar no CERN a súa xoia da coroa, o LHC, o Gran Colisor de Hadróns. Unha enxeño colosal que é a vez o maior “microscopio” xamais imaxinado para asexar no mais pequeno da materia, e unha máquina do tempo para viaxar 13.700 millóns de anos cando o noso universo non era mais que punto denso e moi, moi quente, e non tiña de vida apenas unha fracción de segundo.
Para gravar este programa acompañamos durante 5 días a un grupo de profesores galegos de secundaria cos que gozamos da experiencia única de coñecer aos protagonistas deste espazo e tempo privilexiado no que se está a construír a historia do século XXI.
Aínda que non falamos do experimento OPERA neste programa, contámosvos como curiosidade que xusto no último día da nosa expedición – unha semana antes de que saltase a noticia dos neutrinos superlumínicos – un dos profesores galegos preguntou nun seminario a Álvaro de Rújula precisamente sobre a posibilidade de que os neutrinos puideran viaxar a maior velocidade da luz. Andaremos atentos ao que dea de si todo este asunto, mentres gozade co programa que gravamos no CERN.
Descargar el programa completo
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/05/Efer-180-24-9-11.mp3]Se quedas con ganas de mais velaquí tes ás versións extendidas das entrevistas:
Entrevista extendida a José Salicio
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/06/Entre-Salicio-Extendida.mp3|titles=Entre Salicio Extendida]
Entrevista extendida con Teresa Fonseca e Abraham Gallas
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/06/Entre-Fonseca-Gallas-Extendida.mp3|titles=Entre Fonseca Gallas Extendida]Entrevista informal a John Ellis
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/05/Entre-John-Ellis1.mp3|titles=Entre John Ellis]Entrevista informal a Álvaro de Rújula
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/05/Entre-Rujula-2011.mp3|titles=Entre Rujula 2011]