A plasticidade sináptica esculpe o cerebro de cada un de nós. A educación, a experiencia e o adestramento converten cada cerebro nunha obra única.
Marc Jeannerod
Este sábado vivimos toda unha festa da ciencia. As rapazas e rapaces, que durante todo o ano reciben explicacións e ensinanzas dos seus profesores, cambian por un día de rol e convértense en excelentes divulgadores da ciencia. Nenos ensinando a maiores. Brillo de satisfacción nos seus ollos.
Este foi o programa que fixemos desde o parque de Santa Margarida na Coruña no XVII Día da Ciencia na Rúa que organiza a Asociación de Amigos da Casa das Ciencias.
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/05/Efer-206-5-5-12.mp3]