Teño dito que os océanos están doentes, pero non van morrer. Aínda que están empeorando cada ano non hai morte posible para os océanos, sempre terán vida
Jacques-Yves Cousteau
Todos os procesos biolóxicos que se producen dentro do Micoplasma genitalium agora pódense reproducir nun programa de ordenador. É a primeira vez que se consigue cun ser vivo. Pubicouse esta semana en Cell por investigadores da Universidade de Stanford e – de como non – do Instituto Craig Venter. Cóntanolo Esteban Fernández Moreira.
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/08/M-Genitalium-nun-ordenador.mp3]No ano 2050 as praias galega perderán, de media, 16 metros pola subida do nivel do mar. Conversamos co investigador científico do IIM-CSIC Xosé Antón Álvarez Salgado de como está a afectar xa o cambio global as nosas rías e praias, e do que se preve que aconteza nas vindeiras décadas.
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/08/ENTRE-SALGADO-def.mp3]Entrevista a Xosé Antón Salgado
Un boa alternativa para este verán é a actividade para todos os públicos “Mergúllate no Océano” impulada polo Campus do Mar. Nola presenta o catedrático de zooloxía mariña da USC Victoriano Urgorri.
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/08/MERGULLATE-NO-OCEANO-def.mp3]Nesta edición tamen tivemos a Guía do Ceo de Xullo. Escoita o programa completo:
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/08/efer-218-28-7-12-web.mp3]