Unha das premisas necesarias, pero non suficientes, para que un invento sexa comercializado é que solucione un problema cotiá. Podería ter éxito un sistema de cobertura de piscinas que se active automaticamente coa chuvia? Rosalía Gómez, alumna de 2º da ESO, levou esta idea ó papel e deseñou un prototipo deste invento que lle valeu gañar o Premio Galicia de Investigación Junior na modalidade de mozos de 12 a 15 anos.
Salvador Carranza é quen de estudar a evolución utilizando como indicador aos réptiles, pero indo máis aló do rexistro fósil. Para elo combina datos xenéticos e paleoxeográficos. Salvador Carranza actualmente traballa como investigador Ramón y Cajal no Departamento de Bioloxía Animal da Universidade de Barcelona.

A nova pasou desapercibida, pero ten o seu miolo. Craig Venter, o investigador-empresario que co-desentrañou o xenoma humano, anunciou en Science a transmutación dunha bacteria noutra. Para elo cambiáronlle totalmente o xenoma á bacteria Mycoplasma mycoides para convertela na súa prima Mycoplasma capricolum. Ata agora os enxeñeiros xenéticos xogaban cuns poucos xenes, non con centos deles. O obxectivo final é poder construír vida á carta ensamblando módulos de xenes. Venter augura bacterias que produzan biocombustibles ou loiten coa contaminación. Iso si, para asegurarse os dereitos sobre o “organismo do billón de dólares” e sobre a metodoloxía de fabricación de bacterias artificiais, Venter xa pasou polo rexistro de patentes.
Nota: billón está ben traducido, 1.000.000.000.000 $.