Marta Vila cóntanos o máis interesante do XI Congreso da Sociedade Europea de Bioloxía Evolutiva celebrado en Uppsala, no que se conmemorou o 300 aniversario do nacemento de Linneo.

Estreamos unha nova sección: Innovando. Cada semana a investigadora do programa Parga Pondal Rosa Pedrido  presentaranos unha innovación empresarial feita en Galicia. Abre Innovando a empresa compostelá “Centro de investigaciones submarinas”.  

Entrevistamos a Ramón Lorenzo presidente da Sociedade Española de Cartografía. Ata o vindeiro 19 de outubro no salón nobre do Museo do Pobo Galego en Santiago está aberta a exposición “Cartografía antiga de Galicia” da que Ramón Lorenzo é comisario. “Cartografía antiga de Galicia” fai unha viaxe polas representacións de Galicia dende o século XVI ata o XX, e amosa 7 mapas orixinais dos fondos de Carlos Martínez Barbeito, ademais de 35 reproducións impresas en vistosos cubos de luz.

Ramón Lorenzo.

Ramón Lorenzo.

Ramón Lorenzo explícanos a importancia do mapa de Fontán de 1834 para acabar falando das Infraestruturas de Datos Espaciais do século XXI.