Esta semana coñecemos que a Universidade da Coruña vai converter en contratos as súas bolsas predoutorais. Unha boa noticia para os investigadores novos, malia que segundo a Federación de Jóvenes Investigadores aínda quedan importantes institucións que non dan os pasos que obriga o Estatuto do Persoal Investigador en Formación.
“A Física é como o sexo: seguro que dá algunha compensación práctica, pero non é por iso polo que a facemos”. Esta é unha das frases lapidarias do sempre sorprendente Richard Feynman. A frase ven a conto da visita a Efervesciencia do Circo Atómico das tres Irmás Feynman.

Representación na Casa das Ciencias (Foto: http://www.semanadaciencia.org/)
As irmás Feynman son Arantza Villar, Pepa Yáñez e Clara Gayo. O grupo de teatro Chévere está a representar dentro da Semana da Ciencia a obra de teatro “Alá no fondo hai sitio abondo“. Ademais das tres actrices contamos coa presenza do director da obra, Xesús Ron, e do profesor da facultade de física, Daniel Baldomir. Falamos de teatro e de nanociencia.

Chévere no estudio 2.
Ningún dos concursantes por teléfono do concurso achou a errata desta cuña autopromocional
Watson e Holmes van de acampada