Programa 58 (25-11-07): IV Congreso de Comunicación Social da Ciencia

No recente VIII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operación celebrado en Santiago, o presidente do Círculo de Escritores Cinematográficos, Jerónimo José Martínez Sánchez, impartiu un relatorio sobre o azar como elemento narrativo no cine actual.

Efervesciencia estivo no IV Congreso de Comunicación Social de la Ciencia que tivo lugar en Madrid baixo o lema “Cultura científica e cultura democrática”. Conversamos cunha das organizadoras do evento, Rosa Capeáns, responsable da Unidade de Estruturas Estables no departamento de Ciencia e Sociedade da Fecyt. Tamén falamos con Mercedes Neira de ENCIGA.

Rosa Capeans.

Rosa Capeáns.

IBCinema preséntanos a súa innovación no mundo da animación dixital de obxectos inanimados: a “Harryhausen Motion Control”.

No concurso preguntamos (indirectamente) cantas estrelas se poden ver a simple vista pola noite.

Programa 58