Programa 61 (16-12-07): Os buratos negros son calvos

Damos conta do evento anual da Unidade Muller e Ciencia de Galicia no que se lle concedeu a Inmaculada Paz Andrade o premio María Wonenburger na súa primeira edición.

No tempo da conversa caemos dentro dun burato negro, viaxamos ó inicio do tempo e do espazo, e buscamos as partículas máis esquivas que agochan, entre outros, o segredo de por que os corpos teñen masa. Só podemos sobrevir a esta experiencia grazas ás explicacións de Marcos Mariño, un novo científico galego catedrático de física na Universidade de Xenebra.

Marcos Mariño

Marcos Mariño.

Ardora é unha cooperativa viguesa de traballo asociado creada por tres mulleres que presta servizos de formación innovadores relacionados co mundo do mar.