Programa 62 (23-12-07): Acceso universal aos fármacos

Unha carta a Nature desvela que cada vez máis os científicos mandan máis manuscritos ás revistas especializadas o 25 de nadal…

Óscar Blanco preséntanos a Guía do Ceo editada en galego por Le Pourquoi Pas.

Portada de Guia do Ceo.

Como compaxinar os lexítimos intereses da industria farmacéutica co acceso universal aos medicamentos? Xosé María Torres cóntanos como resolver a ecuación patentes + beneficios = investigación + progreso. Xosé María Torres é farmacéutico, docente de ciclos formativos de formación profesional, membro de Farmacéuticos Mundi, e actual presidente da Coordinadora Galega de ONGs para o Desenvolvemento.

Rematamos cun concurso “radioactivo”.