Os proxectos pluridisciplinares de investigación gañadores da segunda convocatoria do programa Consolider recibirán ao redor de 5 millóns de euros para os próximos 5 anos. En cada proxecto participan unha media 12 grupos de investigación e 90 investigadores. Das 28 liñas de investigación nas fronteiras da ciencia que foron seleccionadas en toda España hai tres proxectos liderados por investigadores galegos.
En 1974 a Unesco alertaba da necesidade de contar con especialistas universitarios no medio mariño. Dende hai 12 anos xa hai profesionais do mar formados na Universidade de Vigo. Pero case ninguén os coñece. Conversamos con Ángel Mena e Susana Darriba, da Asociación de Oceanógrafos de Galicia.

Susana Darriba e Ángel Mena nos estudios de Vigo.
A empresa coruñesa Tic to You está a punto de lanzar ao mercado o innovador “Kid control”.
Concurso: Cal é nome do único asteroide relacionado con Galicia?
a.- Vigo
b.- Breogán
c.- Ultreia