Ao fío dunha carta publicada o ano pasado, unha revista decidiu facer unha enquisa entre os seus lectores para saber se estes consumían drogas para mellorar a eficiencia no traballo. Á enquisa virtual contestaron 1400 lectores de 60 países. Resultado: 1 de cada 5 tomaban drogas para mellorar a súa concentración. A revista era Nature, e os enquisados, científicos. Os investigadores non son heroes nin viláns.
A principios desta semana facíanse públicas as primeiras mortes en España causadas pola nova variante da enfermidade de Creutzfeldt-Jakob, o popularmente coñecido como mal das vacas tolas. Os prións, unha clase de proteínas alteradas, son os axentes infecciosos desta doenza. Hai moitos grupos de investigación que están a estudar múltiples facetas sobre as enfermidades causadas por prións, pero só tres ou catro tratan de coñecer cal é a estrutura dos mesmos. E entre eses escasos grupos de investigación está o de Jesús Requena.

Requena e familia na Radio Galega
Requena é profesor contratado doutor da USC. As técnicas habituais para resolver as estruturas das proteínas non valen cos prións, os científicos están cegos. Neste caso cómpre probar novas tecnoloxías e ir construíndo a estrutura das proteína infecciosas xuntando os poucos datos e as intuicións que se van obtendo. De conseguirmos coñecer a estrutura dos prións saberiamos cal é o mecanismo polo cal se infectan as proteínas normais, é dicir, o miolo do asunto.
Innovamos con Peter Taboada.