Marta Vila coméntanos ao principio do programa as súas aventuras científicas en Trier, Alemaña. Casualmente na Universidade de Trier hai un centro de documentación de Galicia.
Miguel Vázquez preséntanos en primicia o libro O nome e o símbolo dos elementos químicos editado polo Centro Ramón Piñeiro. Este libro cheo de curiosidades está pensado para que calquera lector se aproxime ás mil historias que hai detrás da táboa periódica. Imprescindible para docentes, pero non só de química, senón tamén de historia, cultura clásica… Esta obra é froito do traballo de Miguel Vázquez, investigador Ramón y Cajal do Departamento de Química Inorgánica da USC, e dos seus colegas, Ana González e Manolo Bermejo.


No final do libro aparecen enlaces interesantes, como por exemplo Visual elements da Royal Society of Chemistry onde mesmo se poden escoitar recreacións musicais dos diferentes elementos.
Para o concurso fixemos unha breve incursión na vida de Mendeleiev.