María Saura, do departamento de Bioquímica, Xenética e Inmunoloxía da Universidade de Vigo explícanos como é posible que dende o 2005 se atopen exemplares de salmóns no río Tambre, cando pola cantidade de presas artificiais é imposible que estes peixes poidan desovar neste río.
O historiador da USC Andrés Domínguez investigou na súa tese de doutoramento como xorde a práctica deportiva en Galicia ligada á modernidade e a burguesía. En breve poderemos ver este traballo nas librerías publicado por Galaxia baixo o título “Modernidade e deporte: a evolución da cultura deportiva en Galicia 1850-1920”.
Xurxo Mariño e Santi Gutiérrez preséntannos “Po de estrelas”.