Marta Vila dende Orleans nos informa do pesar nos investigadores mozos polo falecemento en accidente laboral en Perú do investigador predoutoral sen contrato Pablo Barbadillo.
Pódese patentar un ser vivo, un millo transxénico ou o xenoma humano? Estas son algunhas das preguntas que lle fixemos ao catedrático de dereito mercantil da Universidade de Santiago José Antonio Gómez Segade.
O gran César Goldi transfórmase simultaneamente en Vicente Vázquez Queipo e Ramón Verea García na sección Entrevistas no alén. Vázquez Queipo é o autor do libro científico máis vendido e editado en España de tódolos tempos: “Tablas de logaritmos vulgares”. Verea inventou unha multiplicadora mecánica.