Marta Vila cóntanos as súas investigacións en Orleans, Francia.

Damos un paseo matemático por Santiago da man de Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática (AGAPEMA).

Fibonacci en Compostela

 A sucesión de Fibonacci na praza de Entrepraciñas en Compostela (M. V.)

Os cocolitóforos son microalgas que forman parte do fitoplancto. Posúen no seu interior placas de calcita (carbonato cálcico) que facilitan a súa detección dende o espazo.

Proliferacións de Cocolitóforos no Atlántico.

Proliferación de cocolitóforos no Atlántico (Fonte: Science)

Os cocolitóforos absorven dióxido de carbono (CO2) mediante a fotosíntese. Cando morren sedimentan no fondo dos océanos é os depositos de carbonato cálcico contribúen á liberación deste gas. O aumento das concentracións de dióxido de carbono na atmosfera pola queima de combustibles fósiles esta a acidificar os mares. Deste xeito, faise difícil a supervivencia de corais e outros organismos con esqueletos de carbonato cálcico. Con estas premisas os científicos pensaban que as placas de calcita do cocolitoferos irían a menos. O cal era unha boa noticia, xa que suporía este fitoplancto sería un sumidoiro de CO2.

No entanto, a investigadora viguesa do Centro Nacional de Oceanografía de Southampton Débora Iglesias acaba de demostrar en Science que a maior concentración de CO2, mais grosas son as placas de calcita nestas microalgas. Isto implica que o balance entre absorción e emisión de CO2 nos cocolitóforos é neutro. O mar non vai ser a alfombra debaixo da cal quitemos da vista o dióxido de carbono. 

Débora Iglesias

Débora Iglesias (Vía Ateneo Fotográfico).

Rosa Rodríguez Seoane é unha artista que ten dedicado a serie de pinturas Cocolive os cocolitóforos, que coñece de primeira man grazas as investigacións da súa filla, Débora Iglesias.

Cocolitóforos na arte

Cocolitóforo por Rosa Rodríguez Seoane (Vía Science)

Programa 83 (18-5-08)