Este é o título do libro de Miguel Barral que se presentou esta semana na FNAC na Coruña. Unha escolma de diálogos de películas onde se deslizan cazapos científicos que o ollo de Barral non deixa impunes. O máis entretido da proposta é intentar atopar o fallo antes de ler o comentario do autor.

Un exemplo: O Gran Falcón (1991). Se atopas o cazapo escríbenos. Temos un exemplar de “Que la ciencia te acompañe” para a mellor resposta.