Este texto de Henrique Neira é o gañador do certame Inspiraciencia na categoría de microrelatos en galego.
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/05/UCHRONIA-LABS.mp3]Es quen de identificar todos os científicos que aparecen neste microrelato? Escríbenos a efervesciencia(arroba)radiogalega.es coa túa lista indicando nome e apelido dos científicos que recoñezas. Por exemplo, cando se nomea a “Albert” a resposta correcta é “Albert Einstein”. A persoa que consiga identificar mais científicos antes do 17 de maio gañará un bono agasallo dunha noite en habitación dobre con almorzo incluído na casa de turismo rural Casa da Igrexa de Arzúa.
Iremos colgando aquí o ranking dos concursantes con maiores acertos. En caso de empate efectuaremos un sorteo pra dirimir o afortunado ou afortunada.
Por certo, na versión que fixemos de “Uchronía Labs” cometemos unha errata, se a atopas sumarémoslle 3 puntos os científicos que atopes na túa lista.
Por último, queremos agradecer a Henrique Neira que nos permitise empregar a súa obra para este concurso.