XII Noite Efervescente en Cotobade

O sábado 20 de xuño terá lugar a XII Noite Efervesecente no Observatorio Astronómico de Cotobade.

A Noite Efervescente é unha observación pública e inclusiva do ceo nocturno que organiza Efervesciencia coa colaboración da Asociación Amipa e a Asociación Astronómica Sirio.

A asistencia é libre, pero as prazas son limitidas e deben reservarse neste formulario. Recomendamos levar roupa de abrigo para observación, que estará condicionada ás condicións meteorolóxica.

Podes asistir a calquera das partes da actividade neste horario:

21:30 Gravación do programa de radio Efervesciencia da Radio Galega.

23:00 Petisco

23:30 Observación pública inclusiva do ceo

Como chegar