Mes: Novembro 2006

Programa 6: Ensinantes de Ciencias de Galicia (26-11-06)

Neste programa quixemos facerlles unha homenaxe aos profesores de ciencia. Esta semana celebrouse o XIX Congreso de ENCIGA (Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia) na vila Portuguesa de Póvoa de Varzim. Alí estivo Efervesciencia. Así mesmo, Marta Vila falounos en directo dende Barcelona sobre o congreso de herpetoloxía que alí se celebrou. Programa 6 (26-11-06) 

Read More
http://www.efervesciencia.es/efer/Prog6/Efer_programa_6.mp3 13668336 audio/mpeg

Programa 5: Nanotecnoloxía (19-11-06)

Contamos ao inicio do programa as dificultades con que se atopan os investigadores non comunitarios coa conversión das bolsas en contratos. Conversamos con José Rivas, catedrático de Electromagnetismo da USC. Rivas introdúcenos nunha das ciencias emerxentes da actualidade: a nanotecnoloxía. O noso invitado é o responsable do Instituto Hispano-luso de Nanotecnoloxía de Braga, que actualmente está…

Read More
http://www.efervesciencia.es/efer/Prog5/efer_programa_5.mp3 14260440 audio/mpeg

Programa 4: Teatro e Semana da Ciencia (12-11-06)

Nesta edición de Efervesciencia falamos de teatro científico en directo con Mónica González. Mónica é responsable de promoción e cultura científica do CSIC en Galicia, e autora da obra Silencio, cerebro, acción. Esta obra de teatro dirixida ao público infantil estase a representar polo compañía Buratini por toda Galicia co gallo da Semana da Ciencia….

Read More
http://www.efervesciencia.es/Efer/Prog4/Efer_Programa_4.mp3 11157504 audio/mpeg

Programa 3: Cerebro e Semana da Ciencia (5-11-06)

Ser investigador novo non é doado. Comentamos o futuro incerto dos investigadores doutores do programa Ramón y Cajal. A outra cara da moeda é o programa María Barbeito para investigadores predoutorais. Convértense en contratos as antigas bolsas de 3º e 4º ano de doutorado que outorga a Xunta de Galicia. O 62% dos contratados son mulleres….

Read More
http://www.efervesciencia.es/Efer/Prog3/Efer%20Programa3.mp3 13198550 audio/mpeg