Todos os episodios

  • Todos
  • Fragmentos
  • Programa completo
  • Versión estendida

Efer 759 (20-9-26): IAs, rebeldes sen causa

(2:07) Ante as novas de IAs descontroladas e discursos apocalípticos da propia industria, Senén Barro (CITIUS-USC) analiza os riscos reais da intelixencia artificial que deberían preocuparnos. (18:02) No obradoiro «Comunicar ciencia na radio», desde a Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, conversamos con Carme Pacín sobre as algas como ferramentas para estudar a contaminación;...

Play Episode

Efer 758 (13-9-26): O mapa non é o territorio

(5:13) Conversamos con Antón Baleato, cosmólogo que se incorpora ao IGFAE cunha Starting Grant do Consello Europeo de Investigación, para investigar con novas metodoloxías a expansión acelerada do universo. (17:19) Un mapa nunca é o territorio: nesta edición poñemos a proba os límites dos mapamundis e descubrimos por que, ao atravesar o bordo sur, non...

Play Episode

Efer 757 (6-9-26): Estatística para navegar a incerteza

Versión estendida. Asistimos ao 42 Congreso da SEIO (Sociedade de Estatística, Investigación de Operacións e Ciencia de Datos) celebrado en Santiago. (3:13) Lola Martínez Miranda, presidenta da SEIO e catedrática da Universidade de Granada, e Mercedes Conde, investigadora do CITMAga e coordinadora do Grupo de Bioestatística e Ciencia de Datos Biomédicos da USC, explican como...

Play Episode

Efer 756 (13-7-26): Pioneira do láser: Betty León

(2:32) De que nos protexe realmente unha crema solar? A nosa científicia máis caseira, Bibiana García Visos, explica como evitar queimaduras e reducir o risco de melanoma. (13:58) Coñecemos a Betty León, pioneira da física aplicada e do láser en Galicia, nunha nova entrega de Voces da Ciencia. A súa traxectoria abrangue a investigación con...

Play Episode

Efer 755 (28-6-26): 25 anos do CETMAR

Desprazámonos a Vigo para celebrar os 25 anos do CETMAR, o Centro Tecnolóxico do Mar, en Vigo. (2:23) A súa directora, Rosa Chapela, cóntanos como naceu esta fundación pública para ser ponte entre a ciencia, a administración e o sector marítimo. Desde a explanada do CETMAR, Rosa Fernández e Mariña Guizán explícannos os proxectos Redux...

Play Episode

Efer 754 (26-6-26): En Sálvora os ovos de gaivota escoitan ós seus pais

Galicia aspira a construír un prototipo para o futuro colisionador de partículas do CERN en Xenebra. Conversamos co conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez (2:20) e con Carlos Salgado (11:01), director do IGFAE, sobre a consulta previa ao mercado para fabricar as celas de curvatura de arco, un elemento clave do...

Play Episode

Efer 753 (25-6-26): Medea no observatorio de Cotobade

Cos amigos de AMIPA e a asociación Sirio celebramos a XII Noite Efervescente. E deste xeito, no observatorio astronómico de Cotobade atrevémonos representar Medea de Séneca, nunha adaptación de radioteatro a partir da recente tradución ao galego de Fernando Domènech editada por Rinoceronte. Medea está chea de referencias astronómicas que nos contextualizan o propio Domènech...

Play Episode

Efer 752 (24-6-26): Da Galicia conxelada ao futuro da costa con Augusto Pérez Alberti

(1:58) Coñecemos o proxecto educativo Alerta Verde, un videoxogo desenvolvido no CINTECX da Universidade de Vigo para achegar as enerxías renovables e a economía circular ao alumnado (8:37) Como sería Galicia cuberta de xeo hai máis de 40.000 anos? Nesta edición viaxamos ao pasado glaciar e ao futuro da nosa costa da man de Augusto...

Play Episode

Efer 751 (23-6-26): Fígado e ozempic

(2:22) A literatura e a ciencia únense coa chegada de “Donaira”, tradución galega da utopía feminista “Herland” de Charlotte Perkins Gilman en Boadicea Editora, da man de Estíbaliz Espinosa e Irene Lema, que exploran temas como a partenoxénese e a autoxestión nunha sociedade só de mulleres. (20:04) Viaxamos a Canadá para conversar con María Jesús...

Play Episode

Efer 750 (18-6-26): Acuicultura rexenerativa

(3:55) A psiquiatra Iria Veiga desmonta mitos sobre a depresión. (14:44) Carmen Cotelo (Axencia Galega de Innovación) presenta as novas unidades mixtas de investigación, alianzas entre centros e empresas para impulsar a transferencia de coñecemento. (21:47) Jorge Hernández Urcera (IIM-CSIC) detalla a creación Acuiregal, que busca repoboar especies mariñas clave como o polbo ou a...

Play Episode

Efer 749 (11-6-26): As tecnoloxías profundas en Galicia

A segunda revolución cuántica xa está aquí e Galicia quere ser protagonista. Neste especial de Efervesciencia trasladámonos á Axencia Galega de Innovación (GAIN) para descubrir como se está a tecer o ecosistema galego das tecnoloxías profundas: comunicacións e computación cuántica, intelixencia artificial e sensado avanzado. Conversamos con Carmen Cotelo (GAIN), que debulla os avances do...

Play Episode

Efer 748 (28-5-26): Tratar a dor persistente

(2:28) A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, preséntanos o programa Nexus de colaboración entre PEMES e centros de coñecemento galegos. (7:25) José Luis Cabarcos (Xerente da Cooperativa Agraria Provincial da Coruña, que está atrás de Bico de Xeado) explícanos o proxecto de innovación Lacteus. (12:43) A dor é moito máis que unha...

Play Episode

Efer 747 (21-5-26): Eclipse en famila, construe a túa caixa escura

(2:45) Conversamos con César Muñoz Fontela (Instituto de Medicina Tropical Bernhard Nocht de Hamburgo) sobre o gromo do virus de Bundibugyo na República Democrática do Congo, unha enfermidade emerxente que pon a proba os protocolos sanitarios nun contexto de conflito e sen vacinas dispoñibles. (15:35) Efeméride do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez...

Play Episode

Efer 746 (16-5-26): Profundando na quiralidade das moléculas

(2:39) No espazo da Axencia Galega de Innovación María José Mariño, directora da área de transferencia e talento de GAIN, preséntanos o impacto do programa Oportunius para atraer investigadores excelentes na fronteira do coñecemento gañadores das axudas do Consello Europeo de Investigación (ERC). (10:01) Conversamos co investigador Oportunius Cristóbal Pérez, nova incorporación ao CICUS, que...

Play Episode

Efer 745 (14-5-26): Ciberseguridade desde Galiciencia

Viaxamos ao Parque Tecnolóxico de Galicia para acudir, un ano máis, á feira científica Galiciencia, que nesta edición está dedicada á ciberseguridade. Conversamos con Javier Taibo, director de Tecnópole, cos profesores Irene Otero, Daniel Alén e Miguel Yebra, co actor Vicente Mohedano e coa enxeñeira Iria Ollero. Antonio Vázquez Saburido, xefe do Servizo de Investigación...

Play Episode

Efer 744 (7-5-26): Que lle pasa as candorcas ibéricas cos veleiros?

(1:52) A escuma que vemos nas praias dános información sobre a saúde da auga. Conversamos co catedrático de Enxeñaría Química Gumersindo Feijoo. (9:38) No Museo Mar de Sorrizo en Arteixo presentouse o proxecto Candorcas, unha iniciativa promovida por Paola Catapano. Paola é xornalista científica no CERN, pero ademais preside a asociación Polarquest.org que co veleiro...

Play Episode

Efer 743 (30-4-26): Ciencia na Aldea: Polinizadores, gandeiría extensiva e o valor dos ecositemas

[Versión estendida] Programa monográfico dedicado á 5ª edición de “Ciencia na Aldea” que organiza a asociación Corripa. Este ano estas xornadas están dedicadas á transhumancia. Levámosvos a Pena da Nogueira, no concello máis pequeno de Galicia, Negueira de Muñiz para coñecer toda a biodiversidade de científicos, divulgadores, educadores ambientais, gandeiros e público afeccionado á natureza...

Play Episode

Efer 742 (23-4-26): Minions, meigas e Hamlet: Cando os xenes saltaricos escangallan os cromosomas

(2:56) A nosa sexóloga Laura Veiga preséntanos o seu libro “O mapa da túa sexualidade” para crianzas de 10 a 12 anos. O seu enfoque na diversidade e o autocoñecemento pode mesmo interesar a un público máis amplo. (14:52) Visitamos o grupo de Xenomas Móbiles no CIMUS, dirixido por José Tubío. Veñen de publicar en...

Play Episode

Efer 741 (2-4-26): De onde vés, I3/Atlas?

(2:26) Terceira e última parte da dramatización sonora da obra de “divulficción científica” de Senén Barro “Algún día, quizais antes do que imaxinei”. A temática da obra lévanos a conversar sobre ética e regulación da IA. (23:06) Maite Vence de Observer proponnos como ruta de turismo científico os socalcos e as vides da Ribeira Sacra....

Play Episode

Efer 740 (1-4-26): Nova hipótese sobre a epidemia da miopía: non son as pantallas

(2:21) Unha exposición na Biblioteca Pública de Nova Iorq deu lugar a que Peter Kuper elaborase a fascinante banda deseñada “Insectópolis”. Ideal para os amadores dos insectos e tamén para os que renegan destes bichos. O noso experto en banda deseñada é Daniel Pizarro. (15:07) Segunda parte da nosa adaptación da obra de “divulficción científica”...

Play Episode

Efer 739 (31-3-26): O futuro do mexillón

(2:09) Se collésemos os mexillóns que neste mesmo instante están pendurados nunha corda baixo as bateas das rías galegas e os repartísemos con cada un dos habitantes da terra, poderiamos darlle dous mexillóns a cada persoa, e aínda nos sobrarían un par de miles de millóns. Galicia é a terceira produtora de mexillón do mundo...

Play Episode

Efer 738 (30-3-26): Tratar a ferida crónica e outros proxectos IGNICIA

Monográfico dedicado a coñecer os proxectos “IGNICIA Proba de Concepto” da Axencia Galega de Innovación. (4:54) Conversamos con María Mayán (CINBIO, Universidade de Vigo) sobre SENPAD, unha terapia baseada en péptidos senoterapéuticos para frear a artrose atacando a raíz da enfermidade. (15:44) Óscar Pérez, CEO de KIUR, preséntanos esta spin-off de Gradiant que emprega intelixencia...

Play Episode

Efer 737 (26-3-26): Historia e ciencia das eclipses

(4:17) A psiquiatra Iria Veiga debulla mitos sobre a ansiedade (14:31) Moncho Núñez vén de escribir o libro “Eclipses: Historia e ciencia da ocultación extemporánea do sol”. Acompañado de Marcos Pérez Maldonado (director dos Museos Científicos Coruñeses) coñecemos como a humanidade foi interpretando e estudando as eclipses solares. (43:45) O xornalista científico Antonio Martínez Ron...

Play Episode

Efer 736 (5-3-26): Calvet en bicicleta [Radioteatro]

Programa especial con público desde o Teatro Colón da Coruña no festival Coruña Comunica Ciencia. (0:16) Radioteatro “Calvet en bicicleta” ao vivo coas voces de César Goldi, Avelino González, Manu Fernández e Estíbaliz Espinosa, o piano de Juanjo Fernández e o contexto de Rosa Pedrido e Estíbaliz Espinosa. Nos anos 30 do século XX, Fernando...

Play Episode

Efer 735 (12-2-26): Exoesqueletos no patio do colexio e neuroestimulación con imáns

(3:41) Coñecemos as novidades do concurso de relatos científicos InspiraCiencia con Ana Yeste (CSIC-Delegación de Cataluña). Achegámonos á xornada “Neurotecnoloxía para a medicina” no CHUAC, organizada polo grupo Neurocom da Universidade da Coruña. (10:12) Conversamos con Elena García Armada (Marsi Bionics/CSIC), pioneira no desenvolvemento do primeiro exoesqueleto robótico do mundo para nenos e nenas con...

Play Episode

Efer 734 (5-2-26): “A extinción de persoas e máquinas” con Senén Barro

(3:36)  Coñecemos todos os detalles do festival Coruña Comunica Ciencia con David Ballesteros de Ceo Aberto. (13:04) Efeméride do 5 de febreiro con Moncho Núñez. (14:31) Incorporamos á tripulación de Efervesciencia a Senén Barro, director do CITIUS e catedrático de Ciencias da Computación e a Intelixencia Artificial da USC. A partir de relatos do propio...

Play Episode

Efer 733 (15-1-26): Luz, horarios e saúde

(2:45) No Instituto de Estudos Miñoráns exhíbese “Ilustrando o Cambio Climático”, unha mostra de infografías producidas por Illustraciencia e o Museo Nacional de Ciencias Naturais. Conversamos coa ilustradora especialista en visualización de datos Laura Castro Soto. (14:14) Marian Rol, directora do Laboratorio de Cronobioloxía da Universidade de Murcia, asistiu ao VI Encontro da Noite organizado...

Play Episode

Efer 732 (8-1-26): Non é un pais para detectoristas furtivos, ciencia contra o expolio

(3:28) César Muñoz Fontela (Instituto Bernhard Nocht, Hamburgo) achéganos as últimas novas sobre virus emerxentes en África. (9:02) No século XVII, unha febre do ouro levou ao expolio de milleiros de mámoas galegas na procura de tesouros que nunca existiron. Hoxe, a loita contra o saqueo do noso patrimonio arqueolóxico continúa, pero con novas ferramentas...

Play Episode

“As arquitectas da vida” con Alfonso Martínez Arias [Versión estendida]

[Versión estendida] Conversamos con Alfonso Martínez Arias (Universitat Pompeu Fabra), quen nos propón mirar máis alá dos xenes para entender como as células organizan o desenvolvemento dos organismos. Este é argumento principal do seu libro “As arquitectas da vida”. Descubrimos con el por que a gastrulación é o momento máis importante da nosa existencia biolóxica.

Play Episode

Consellos científicos para envellercer mellor de Isabel Fariñas e Ana Mª Cuervo

Ana María Cuervo (Albert Einstein College of Medicine) e Isabel Fariñas (Universitat de València) comparten os últimos avances en autofaxía e células nai cerebrais, abrindo novas vías para comprender o envellecemento e a rexeneración neuronal. Coñecemento que comparten con consellos con evidencia científica para envellecer mellor.

Play Episode

Efer 731 (4-1-26): Os segredos das células: da orixe da vida ao envellecemento

(2:28) Infiltrámonos no XXI Congreso da Sociedade Española de Bioloxía Celular, celebrado en Santiago de Compostela. Conversamos con Alfonso Martínez Arias (Universitat Pompeu Fabra), quen nos propón mirar máis alá dos xenes para entender como as células organizan o desenvolvemento dos organismos. Descubrimos con el por que a gastrulación é o momento máis importante da...

Play Episode

Efer 730 (3-1-26): A ilusión de escoller: temos realmente a última palabra fronte á IA?

(4:08) Pódese manter o exercicio físico en episodios de menorrea? Laura Veiga é xornalista e sexóloga, responsable do proxecto Pingando.gal. (17:46) Tes que decidir unha liberdade condicional e unha máquina xa che ofreceu a súa valoración: canto pode influír iso no teu criterio? Conversamos con Ujué Agudo, investigadora no laboratorio de psicoloxía experimental da Universidade...

Play Episode

Efer 729 (1-1-26): Desde o Macondo outro ano de ciencia (Parte 2)

Desde o pub Macondo da Coruña coa música ao vivo do piano de Juanjo Fernández realizamos o noso repaso á mellor ciencia do ano. Coa participación dos nosos colaboradores Marta Vila, Susana Ladra, Deborah García Bello, Estíbaliz Espinosa e Xabier Pérez Couto. Parte 2.

Play Episode

Efer 728 (30-12-25): Desde o Macondo outro ano de ciencia (Parte 1)

Desde o pub Macondo da Coruña coa música ao vivo do piano de Juanjo Fernández realizamos o noso repaso á mellor ciencia do ano. Coa participación dos nosos colaboradores Marta Vila, Susana Ladra, Deborah García Bello, Estíbaliz Espinosa e Xabier Pérez Couto. Tamén conversamos con Manuel Díaz de Sotavento, que nos debulla o achado do...

Play Episode

Agasallamos con 100 entradas de balde para o “Coruña Comunica Ciencia”

Do mércores 11 ao venres 13 de febreiro de 2026 terá lugar a segunda edición do festival “Coruña Comunica Ciencia”. Polo coruñés Teatro Colón desfilarán divulgadores como Eduardo Sáenz de Cabezón, Eva Cabanelas, Rocio Vidal (La Gata de Schrodinger), Patricia Barciela, Dosi Veiga, o cirurxián Diego González Rivas… Tamén se representará o espectáculo “Elemental”, haberá...

Play Episode

Efer 727 (29-12-25): Estrelas masivas e a misión Euclid da ESA explicadas desde o Astrogalicia

Visitamos a XI edición de Astrogalicia en Arzúa. (1:58) O radioastrónomo Ricardo Rizzo estuda as estrelas que viven rápido, morren novas e deixan un cadáver fermoso, as estrelas masivas que expulsan nun segundo 4000 veces a masa do Everest. Sergio Pereira impartiu un obradoiro de análise de datos da misión Gaia. (20:32) Francisco Castander, Instituto...

Play Episode

Atopan hibridación en paxaros de dous xeneros separados hai 7 millóns de anos [Paxaros na cabeza]

Nunha eclipse os paxaros cambian de comportamento e activan “o coro do mencer”. Dous traballos publicados en Nature e Science estudaron este fenómeno na eclipse do 8 de abril de 2024 en Estados Unidos. Haberá que estar atentos na vindeira eclipse. Cóntanolo o noso ornitólogo Nacho Munilla. Tamén nos trae un exemplo onde a evolución...

Play Episode

Efer 726 (25-12-25): Arqueoastronomía no Sáhara Occidental

(2:11) Marcelino Veiguela desenvolveu unha investigación sobre o ensino STEM mediante miniproxectos experimentais no cárcere de A Lama. (12:01) De onde vén a escala de temperaturas que usamos todos os días? Nova efeméride do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (17:09) A arqueoastrónoma do INCIPIT Andrea Rodríguez Antón lévanos aos ceos do Sahara...

Play Episode

Efer 725 (20-11-25): Prismas comprometidos por un mundo mellor

(2:20) A psiquiatra Iria Veiga, tamén coñecida como Raíña Vermella nas redes, debulla un novo mito en saúde mental: o suicidio. (11:58) Co director dos Museos Científicos Coruñeses, Marcos Pérez Maldonado, coñecemos os gañadores dos premios Prismas Casa das Ciencias á Divulgación Científica. Falamos con Luis Alcalá, presidente do xurado; con Daniel Amatller, impulsor de...

Play Episode

Efer 724 (13-11-25): Embarcamos co CIM

Embarcámonos na xornada de portas abertas do CIM, o Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo, acompañados polo seu director Daniel Rey. Conversamos coa xenetista Paloma Morán sobre a reprodución do mexillón e a produción de mexilla (2:29) e coa especialista en criobioloxía de invertebrados mariños Estefanía Paredes (16:54). Con Jesús López do grupo...

Play Episode