Últimos episodios

  • Todos
  • Fragmentos
  • Programa completo
  • Versión estendida

Efer 760 (27-9-26): As boliñas do teu xersei e a roupa que desaparece na lavadora

(0:38) Celebramos ter recibido o Premio Prismas de radio dos Museos Científicos Coruñeses por «Calvet en bicicleta», o programa que dedicamos a Fernando Calvet co piano de Juanjo Fernández, as voces de César Goldi, Manu Fernández e Avelino González e as achegas de Rosa Pedrido e Estíbaliz Espinosa. (3:12) Estreamos «Camiños de Ciencia» en Portomarín...

Read More

Efer 759 (20-9-26): IAs, rebeldes sen causa

(2:07) Ante as novas de IAs descontroladas e discursos apocalípticos da propia industria, Senén Barro (CITIUS-USC) analiza os riscos reais da intelixencia artificial que deberían preocuparnos. (18:02) No obradoiro «Comunicar ciencia na radio», desde a Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, conversamos con Carme Pacín sobre as algas como ferramentas para estudar a contaminación;...

Read More

Efer 758 (13-9-26): O mapa non é o territorio

(5:13) Conversamos con Antón Baleato, cosmólogo que se incorpora ao IGFAE cunha Starting Grant do Consello Europeo de Investigación, para investigar con novas metodoloxías a expansión acelerada do universo. (17:19) Un mapa nunca é o territorio: nesta edición poñemos a proba os límites dos mapamundis e descubrimos por que, ao atravesar o bordo sur, non...

Read More

Efer 757 (6-9-26): Estatística para navegar a incerteza

Versión estendida. Asistimos ao 42 Congreso da SEIO (Sociedade de Estatística, Investigación de Operacións e Ciencia de Datos) celebrado en Santiago. (3:13) Lola Martínez Miranda, presidenta da SEIO e catedrática da Universidade de Granada, e Mercedes Conde, investigadora do CITMAga e coordinadora do Grupo de Bioestatística e Ciencia de Datos Biomédicos da USC, explican como...

Read More

Atrás dos micros

Manuel Vicente

O xefe

Comunicador da ciencia radioactivo. Tamén na TVG en Aquelando, Pim Pam Experimenta,… Doutor en Química

César Goldi

Actor científico

Actor todoterreo. Voz cantante nos espéctaculos científicos “A Chispa Máxica” e “Elemental”

Avoa de Einstein

As mellores preguntas

A colaboradora máis rebelde, e máis querida, de Efervesciencia. As súas preguntas danlle mil voltas ás de Manuel

Equipo de colaboradores

Saben do seu e explican mellor

Nacho Munilla, Estíbaliz Espinosa, Xabier Pérez Couto, Bibiana García Visos, Wicho, Laura Veiga, Borja Tosar, Julio Rodríguez, Susana Ladra, Juando Fdez, Deborah,…

Férveche a mente no noso podcast

Escoita o teu podcast favorito de ciencia no teu dispositivo móbil. Subscríbete ao podcast de Efervesciencia nas plataformas principais de podcasting. No podcast poderás acceder a todos os programas e a versións estendidas non emitidas na radio.

Domingos, ás 10 horas na Radio Galega

Efervesciencia é o programa de divulgación científica da Radio Galega. Empezamos a nosa andaina en 2006. Polos nosos micros teñen pasado xa milleiros de investigadoras e investigadores.
Efervesciencia está producido pola Universidade de Santiago con financiamento da FECYT (Fundación Española de Ciencia e Tecnoloxía) – Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

Únete á nosa canle de Telegram

Se queres coñecer todo sobre Efervesciencía únete á canle de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes