Consellería de Innovación e Industria anima a tódolos axentes sociais a participar na organización das actividades da semana da ciencia en novembro. Esta invitación esténdese a calquera asociación, ONG, museo, empresa, universidade ou centro de investigación que vaia realizar actividades gratuítas de divulgación científica entre o 5 e o 18 de novembro. 

De xeito paralelo, esta aberta ata o 13 de setembro a convocatoria de axudas para a realización de actividades de divulgación e comunicación científica e tecnolóxica ao abeiro do programa Diverciencia 2007. (Resumo)

Un novo son nos océanos. Coñécense moitos mecanismos de defensa dos polbos, dende cambiar de cor ata botar tinta negra. Pero nunca se escoitara a un polbo emitir ruídos para escapar dos seus depredadores. Polo menos ata agora. Por primeira vez nun medio de comunicación escoitaremos como un polbo común emite un son semellante a un disparo en situacións de estres.

Estes son os resultados dunha investigación na que participou Ángel Guerra do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo. Guerra comentanos os variados temas sobre os que traballan dende o grupo ECOBIOMAR, Ecoloxía e Biodiversidade Mariña.

Ángel Guerra.

Ángel Guerra nos estudios da Radio Galega en Vigo.

No concurso explicamos como o 1% dos ruídos que se escoitan nun televisor cando non sintoniza ningún canal son o eco do Big Bang.

best counter