
Foto de Aneta Sabanovic / © CERN 2026 · CC BY 4.0 · Foto recortada
Para celebrar a 20ª tempada de Efervesciencia, organizamos un concurso que levará dous dos nosos oíntes a visitar o CERN, en Xenebra. Cada semana propoñeremos probas e concursos. Quen supere unha proba gañará un número para o sorteo da viaxe ao CERN. Nalgúns casos, poderase conceder máis dun número por proba. Unha mesma persoa poderá acumular varios números para o sorteo.
O premio consiste nunha viaxe de tres días (dúas noites) á zona de Xenebra e inclúe os voos e o aloxamento. Grazas ao CERN, as persoas premiadas poderán facer unha visita guiada ás instalacións. En función das datas da viaxe, tamén poderán coñecer persoal investigador do IGFAE.
O sorteo realizarase o sábado 5 de xuño de 2027, na gala do 20 aniversario de Efervesciencia. Pode participar calquera persoa maior de 14 anos nesa data.
Temos 3 canles abertas para participar:
- En Bluesky, mencionando a @efervesciencia.org.
- Na canle de Telegram Efervesciencia, enviando unha mensaxe directa. Animámoste a enviarnos unha mensaxe de voz por esta vía.
- Por correo electrónico, escribindo a concurso@efervesciencia.org.
Primeira proba: Manda a letra dos novos jingles de Efervesciecia
Axudanos a ampliar as cancionciñas con letra ou jingles de Efervesciencia. Cada persoa que mande propostas rebirá un número para o sorteo. A mellor proposta será musicada e gravada, e o seu autor recibirá 10 números para o sorteo. Proba aberta ata o 14 de decembro de 2026.