
(2:56) A nosa sexóloga Laura Veiga preséntanos o seu libro “O mapa da túa sexualidade” para crianzas de 10 a 12 anos. O seu enfoque na diversidade e o autocoñecemento pode mesmo interesar a un público máis amplo. (14:52) Visitamos o grupo de Xenomas Móbiles no CIMUS, dirixido por José Tubío. Veñen de publicar en Science os mecanismos polos que os xenes saltaricos poden acabar escangallando os cromosomas e contribuíndo ao desenvolvemento do cancro. A conversa con José Tubío, Jorge Zamora, Nuria Espasandín e Uxía Piñeiro sobre o seu traballo lévanos a falar de meigas, Minions e Hamlet. (51:29) Efeméride do 23 de abril do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (53:28) No espazo da Axencia Galega de Innovación, Carlos Sánchez Vecino explica o novo programa Ciencia Empresa para apoiar proxectos individuais de innovación promovidos polas Pemes galegas.