Efer 752 (24-6-26): Da Galicia conxelada ao futuro da costa con Augusto Pérez Alberti

(1:58) Coñecemos o proxecto educativo Alerta Verde, un videoxogo desenvolvido no CINTECX da Universidade de Vigo para achegar as enerxías renovables e a economía circular ao alumnado
(8:37) Como sería Galicia cuberta de xeo hai máis de 40.000 anos? Nesta edición viaxamos ao pasado glaciar e ao futuro da nosa costa da man de Augusto Pérez Alberti, profesor emérito da USC e referente en xeografía física. Descubrimos como se reconstruíu a paisaxe das montañas e do litoral galego, desde glaciares de medio quilómetro de espesor ata a erosión acelerada que hoxe ameaza praias e infraestruturas. Pérez Alberti relata a súa traxectoria, as mudanzas tecnolóxicas na investigación e a súa experiencia na Antártida.
(40:35) Víctor Tilve preséntanos o proxecto de ciencia cidadá Eclipse DSM para medir o brillo do ceo durante a eclipse do 12 de agosto.