Efer 759 (20-9-26): IAs, rebeldes sen causa

(2:07) Ante as novas de IAs descontroladas e discursos apocalípticos da propia industria, Senén Barro (CITIUS-USC) analiza os riscos reais da intelixencia artificial que deberían preocuparnos.
(18:02) No obradoiro «Comunicar ciencia na radio», desde a Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, conversamos con Carme Pacín sobre as algas como ferramentas para estudar a contaminación; con Pablo Vila sobre os patóxenos que afectan os peixes de acuicultura nun mar máis quente; con Alberto Gutiérrez sobre as bacterias que reciclan os nutrientes mariños; e con Carmen de Néboa Álvarez (USC) sobre os materiais didácticos e o patrimonio local. Un faladoiro sobre investigación, curiosidade e pensamento crítico.
(45:47) Efeméride do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez
(47:54) Conectamos coa Open Science de Cambre para falar con Juan González, codirector da feira, e con Núria Muñoz Molina, profesora do Colexio da Inmaculada de Alxeciras. Coñecemos unha feira organizada pola mocidade, e tamén á nova asociación *Science on Stage* *España-Andorra*, que busca conectar docentes e compartir proxectos de ensino das ciencias.