Efer 761 (4-10-26): Anne L’Huillier: «fotografar» os electróns

(4:23) O factor de impacto naceu para comparar revistas científicas, pero acabou condicionando as carreiras de quen investiga. Conversamos con Jordi Camí, director do Parque de Investigación Biomédica de Barcelona, sobre a presión por publicar, o negocio editorial e unha industria da fraude que fabrica artigos e mesmo rouba identidades. Que cambia coa chegada da intelixencia artificial xerativa?
(35:27) No Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez lembramos o doutoramento en medicina de Martina Castells en 1882.
(36:55) Anne L’Huillier, premio Nobel de Física de 2023 e investigadora da Universidade de Lund, visita Compostela co programa Conciencia da USC, que dirixe Jorge Mira. Fálanos das barreiras que atopan as mulleres na ciencia e dun descubrimento inesperado que abriu a porta aos pulsos de luz de attosegundos. L’Huillier deixa unha reflexión que atravesa todo o programa: o importante non é a revista, senón o traballo.