Un clásico do verán por estas datas son as Perseidas. Aproveitando este fenómono astronómico conversamos con Juan Carlos Medal sobre como gozar coa observación dos ceos nocturnos. Medal é técnico do planetario da Casa das Ciencias na Coruña.
Na Sección Aleatoria explicamos todo sobre os xeados. Como facer un xeado? En que se diferencia un xeado tradicional dun industrial? Que relación gardan as máquinas de xeados italianos con Margaret Thatcher?